Estimadas familias, convidámosvos á charla que María Soto impartirá o xoves 30 de marzo ás 18:00 h.

María é mestra, fundadora de Educa Bonito e é autora dos libros “Educa Bonito” e “Confianza 100, Expectativa 0”. A metodoloxía da disciplina positiva defende o equilibrio entre firmeza e cariño e dános claves para establecer límites desde unha actitude amistosa.

Se queres saber máis sobre María Soto, facilitámosche a súa páxina web e un fragmento do seu vídeo da entrevista realizada para a Fundación BBVA titulada Por que non funcionan as recompensas e os castigos?

www.educabonito.com

Esperando que a charla sexa do voso interese, animámosvos a vir en compañía dos vosos fillos.

Categorías: Uncategorized