Esta foi a charla de ADAFAD

A psicóloga sanitaria Montserrat Cerviño Cotelo impartiu a charla “Ensinar non é dar leccións”. Organizado pola ANPA do Instituto, rematando cun interesante coloquio. Durante a charla abordáronse diferentes aspectos a ter en conta na relación cos adolescentes, como os cambios psicolóxicos que sofren os nenos/as, a importancia de dar exemplo, o establecemento de límites, entre outros. Foi moi interesante, moitas grazas a ADAFAD e a todos os asistentes!

Organizamos unha charla para pais e nais: “Non é o mesmo ensinar que dar clases”

Ola familias, organizamos un obradoiro para pais e nais que correrá a cargo de Monserrat Cerviño Cotelo, psicóloga sanitaria e coordinadora de prevención da asociación “ADAFAD”, que baixo o título “Non é o mesmo ensinar que dar clases”, tentará impartir pais , determinadas ferramentas que nos poden ser útiles para relacionarnos cos nosos fillos na etapa da adolescencia. O obradoiro está programado para o xoves 18 de novembro de 17:00 a 18:30 horas. En próximas Ler máis…